Un modelo que favoreza un tipo de educación diferente que atenda de forma conxunta aos nenos e nenas e aos pais e nais.
Dentro do noso proxecto, compre resaltar a importancia que lle concedemos a que a educación do neno se desenvolva nunha escola aberta á comunidade cunha relación fluída coas familias.
Potenciar a aprendizaxe e o fomento da lingua galega na nosa escola infantil, coñecer e descubrir os costumes e as tradicións da zona, e educar os nenos e as nenas na igualdade.
Ao longo do curso desenvolvense diferentes proxectos como A miña vida en papeis, A mochila viaxeira, A caixa dos sentidos, A caixa dos recordos ou A mascota da aula.
Unha visión rápida das instalacións da nosa escola.
A escola conta con 6 aulas: unha aula de 0-1, 2 de 1-2 e 3 de 2-3.
A escola conta con un patio exterior con tobogáns e distintos xogos.
A escola conta con un comedor e unha cociña para elaborar a comida.
Calendario de actividades ...
Unha ANPA de todos e para todos
Para inscribirvos como socios só tendes que cubrir o formulario e depositalo no buzón da ANPA que tendes á vosa disposición xusto á entrada da escola, ao lado do buzón da ANPA.
A cota é soamente de 10 € por curso e familia.
Tamén temos exencións de cota para que a parte económica non sexa un impedimento para asociarse.
Presentando o teu carné de socio da ANPA.
Dende a ANPA estamos traballando para que os socios da ANPA se poidan beneficiar de descontos en distintos establecementos.
Para elo será necesario presentar o carnet de socio que en breve vos facilitaremos (consultar condicións).
Aprendendo inglés.
Dende a ANPA organizamos unha actividade extraescolar de Inglés que imparte Kids&Us.
Actualmente hai dos grupos: 1-2 anos e 2-3 anos.